Blogia
Ensino de segundas linguas

Datos. Inmigración e escola

Galiza sitúase como a segunda comunidade con menor número de inmigrantes nos colexios, só por diante de Extremadura. Isto significa un ratio do 2,4 por cento do total de alumnado escolarizado no conxunto do Estado.
Nun só curso, o número de escolares estranxeiros na comunidade galega aumentou en torno ao 12,72 por cento -1.336 persoas-, e en función dos datos provisionais da Consellería de Educación, que cifran nuns 10.500 escolares o número de inmigrantes alumnos para o curso 2006-2007.
De feito, en dous anos a cifra de alumnos sen nacionalidade española subiu nuns 3.000, e xa supón o 2,8 por cento do alumnado en xeral, segundo o Ministerio de Educación e Ciencia (MEC).
Ademais, a última estatística elaborada polo MEC, reflicte que Galiza conta cun ratio de 37,1 alumnos inmigrantes por cada mil habitantes que estudan Educación Primaria nunha escola pública, fronte os 114 escolares de media española.
Os últimos datos por provincias indican que a de Lugo conta co menor número de estranxeiros matriculados -desde Infantil a Formación Profesional- cun total de 1.022.
No lado oposto, atópase a provincia de Pontevedra, cunha suma de 3.878 persoas sen nacionalidade española. Pola súa banda, A Coruña contou 3.219 alumnos neste mesmo estudo, e Ourense sumou un total de 1.045 no curso 2005-2006.
Desta estatística tamén dedúcese que Vigo é o concello co número máis alto de inmigrantes escolarizados no ensino pública, cun total de 1.630, máis dun tercio de toda a provincia pontevedresa.
No que fai á nacionalidade, os países sudamericanos están ao corpo do alumnado estranxeiro en Galicia, o cal coincide coa procedencia dos estudantes do resto do Estado.
Concretamente, trátase de Colombia --con 1.507--, a Arxentina --con 1.148--, e Venezuela --con 795--, colócanse á cabeza. Marrocos, que suman uns 709 alumnos; e Portugal, con 618, tamén aportan ao alumnado galego un número elevado de escolarizados.

0 comentarios