Blogia
Ensino de segundas linguas

Agromar. Os nenos da inmigración arteixán

Agromar. Os nenos da inmigración arteixán

O IES Manuel Murguía de Arteixo publica o número 6 da revista Agromar (Maio, 2007), dedicado a expoñer as vivencias de diferentes nenos e nenas que teñen chegado a Arteixo dende países moi diferentes, tamén recóllense relatos de rapaces que na casa escoitaron relatos da emigración galega e arteixán.

Como exemplo o relato de Ramiro Damián Macaro (2º ESO) no que di:

“Pouco antes de nos vir (de Burzaco, en Bos Aires, Arxentina) fomos a despedirnos de toda a familia, casa por casa, a última a dos meus avós. Estaban moi tristes pensando que non nos ían volver nunca máis. Lembro que, cando subimos ó taxi, o meu avó saiu á porta e mirándome díxome chorando: Ramiro, sabes que sempre te vou querer.

Esas palabras aínda hoxe as recordó e a súa cara está sempre gardada no meu corazón” (p.p. 32-33)”

0 comentarios