Blogia
Ensino de segundas linguas

O estudo “A inmigración na prensa galega” de Cruz Vermella e a Universidade de Vigo detecta a falta de voz das persoas inmigrantes nas noticias

O estudo A inmigración na prensa galega . O reflexo da diversidade sinala a escasa presenza das persoas inmigrantes como fonte consultada nas noticias sobre inmigración e diversidade. Así as institucións (tanto gobernamentais como forzas de seguridade) son a principal fonte da que se nutren os xornalistas nas 417 noticias analizadas, mentres que tan só nun 4,4% delas son os propios inmigrantes os que falan ou opinan acerca dos temas que os afectan. O libro foi presentado en Santiago pola presidenta autonómica de Cruz Vermella, Carmen Colmeiro, o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, e o secretario xeral de Emigración, Manuel Lois Rodríguez. A análise realizado por investigadores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo e o Plan de Emprego de Cruz Vermella en Galicia tomou como mostra 417 noticias sobre inmigración publicadas en doce diarios galegos durante catro semanas de 2006. Cada noticia foi analizada pola súa temática, enfoque, sección, espazo en páxina, fonte informativa, presenza de fotografía ou procedencia, entre outras variables.

0 comentarios