Portfolio europeo das linguas
Portfolio europeo das linguas. O “dossier” galego
O Portfolio europeo das linguas ten como obxectivo comprender e valorar a diversidade lingüística e cultural que temos en Europa.
É un proxecto do Consello de Europa para todos os estados membros. Consta de tres sección:
--· - 1. O pasaporte das linguas, cun formato e escalas homologadas internacionalmente. Trátase de mostrar as linguas que falas, o nivel que tes con cada una, os certificados e títulos obtidos e as experiencias interculturais vividas.
2. A biografía lingüística, onde anotaremos as experiencias de aprendizaxe intercultural obtidas ó longo da vida.
3. O Dossier, no que poderemos gardar exemplos dos nosos traballos escritos e tamén gravacións orais.
O Portfolio das linguas abrangue todas as linguas que coñecemos e aprendemos en diversos contextos, non só no ensino formal.
0 comentarios