Blogia
Ensino de segundas linguas

Amigos do mundo

Amigos do mundo

 

No suplemento Babelia do xornal El País (02/o6/2007) publícase unha reseña sobre novidades aparecidas na Feira do libro de Madrid. Trátase dun repertorio de contos de diversas culturas. Destacan contos de ambientación árabe: os álbumes ilustrados Nasrudin e El color de la arena (Edelvives) e La caravana, volumen ilustrado con contos de Wilhelm Hauff reescritos por Gianni Rodari, en Everest, para nenos de 10 años en diante; os repertorios da nova colección Biblioteca de los Cuentos Populares (La canción de la vida y otros cuentos, Cuentos populares gitanos, 25 cuentos populares de Europa) de Siruela, para lectores de todas as idades, a partir de 10-12 años, e tres libros documentais, que empregan a fotografía como ilustración. Dirixidos os máis pequenos: De camino a la escuela (SM) e Yo vivo aquí e Niños del mundo, da nova colección de libros El Mundo en Fotos, de La Galera. Para os lectores adolescentes Emigrantes, novela gráfica de Shaun Tan (Barbara Fiore). Un libro sin texto e con imáxenes, que ofrece unha mirada crítica cara a emigración.

(El País, 02/06/2007)

 

0 comentarios