Blogia
Ensino de segundas linguas

Publicacións e Revistas

O estudo “A inmigración na prensa galega” de Cruz Vermella e a Universidade de Vigo detecta a falta de voz das persoas inmigrantes nas noticias

O estudo A inmigración na prensa galega . O reflexo da diversidade sinala a escasa presenza das persoas inmigrantes como fonte consultada nas noticias sobre inmigración e diversidade. Así as institucións (tanto gobernamentais como forzas de seguridade) son a principal fonte da que se nutren os xornalistas nas 417 noticias analizadas, mentres que tan só nun 4,4% delas son os propios inmigrantes os que falan ou opinan acerca dos temas que os afectan. O libro foi presentado en Santiago pola presidenta autonómica de Cruz Vermella, Carmen Colmeiro, o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, e o secretario xeral de Emigración, Manuel Lois Rodríguez. A análise realizado por investigadores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo e o Plan de Emprego de Cruz Vermella en Galicia tomou como mostra 417 noticias sobre inmigración publicadas en doce diarios galegos durante catro semanas de 2006. Cada noticia foi analizada pola súa temática, enfoque, sección, espazo en páxina, fonte informativa, presenza de fotografía ou procedencia, entre outras variables.

Monográfico da Revista de Educación do MEC

Sae unha nova publicación, un Monográfico da Revista de Educación do MEC co título: La enseñanza-aprendizaje del español como segunda lengua (L2) en contextos educativos multilingües, Número 343, mayo-agosto, 2007.

Inclúense diversos artigos que poden descargarse en formato PDF. Podemos ler o artigo do profesor Fernando Trujillo, que estará no curso de verán da USC, “Enseñar nuevas lenguas en la escuela: L1, L2, LE…, NL”.

Linred, V. Monográfico

La Enseñanza de Segundas Lenguas a Inmigrantes
15/06/2007

Neste Monográfico recóllense os documentos que se redactaron para o II Encontro de Especialistas no Ensino de Segundas linguas a Inmigrantes, celebrado no mes de Outubro de 2006 na Universidade de Alicante.

Agromar. Os nenos da inmigración arteixán

Agromar. Os nenos da inmigración arteixán

O IES Manuel Murguía de Arteixo publica o número 6 da revista Agromar (Maio, 2007), dedicado a expoñer as vivencias de diferentes nenos e nenas que teñen chegado a Arteixo dende países moi diferentes, tamén recóllense relatos de rapaces que na casa escoitaron relatos da emigración galega e arteixán.

Como exemplo o relato de Ramiro Damián Macaro (2º ESO) no que di:

“Pouco antes de nos vir (de Burzaco, en Bos Aires, Arxentina) fomos a despedirnos de toda a familia, casa por casa, a última a dos meus avós. Estaban moi tristes pensando que non nos ían volver nunca máis. Lembro que, cando subimos ó taxi, o meu avó saiu á porta e mirándome díxome chorando: Ramiro, sabes que sempre te vou querer.

Esas palabras aínda hoxe as recordó e a súa cara está sempre gardada no meu corazón” (p.p. 32-33)”

A identidade...

A identidade...

Ven de publicarse en traducción española (Xuño, 2007) o libro do premio nobel de economía Amartya Sen, Identidad y violencia, Katz Editores.

Para reflexionar sobre a identidade de cada un de nós e de todos os que nos rodean:

“En nuestra vida cotidiana, nos vemos como miembros de una variedad de grupos y pertenecemos a todos ellos. La misma persona puede ser, sin ninguna contradicción, ciudadano estadounidense de origen caribeño con antepasados africanos, cristiano, liberal, mujer, vegetariano, corredor de fondo, historiador, maestro novelista, feminista, heterosexual, creyente en los derechos de los gays y las lesbianas, amante del teatro, activo ambientalista, fanático del tenis, músico de jazz y alguien que está totalmente comprometido con la opinión de que hay seres inteligentes en el espacio exterior con los que es imperioso comunicarse. Cada una de estas colectividades, a las que cada persona pertenece de forma simultánea, le da una identidad particular”

A importancia da educación intercultural. Materiais publicados

A importancia da educación intercultural. Materiais publicados

Materials per a una acció educativa intercultural

Cuadernos do estudante:

1. Magrib. Visquem la diversitat. Català, algúns textos en español, PDF

    1. Àfrica negra Visquem la diversitat. Català, algúns textos en español, PDF
    2. Centre i Sud-amèrica Visquem la diversitat. Català, textos en español, PDF
    3. Poble Gitano Visquem la diversitat. Català, algúns textos en español, PDF

Cuadernos do profesorado:

    1. El Magreb. Eduard Navarro. Español, PDF
    2. África Negra. laia Carreras. Español, PDF
    3. Centre i Sud-Amèrica. Laura Cardús i Mireia Zabala. Català, Páxiina web

Amigos do mundo

Amigos do mundo

 

No suplemento Babelia do xornal El País (02/o6/2007) publícase unha reseña sobre novidades aparecidas na Feira do libro de Madrid. Trátase dun repertorio de contos de diversas culturas. Destacan contos de ambientación árabe: os álbumes ilustrados Nasrudin e El color de la arena (Edelvives) e La caravana, volumen ilustrado con contos de Wilhelm Hauff reescritos por Gianni Rodari, en Everest, para nenos de 10 años en diante; os repertorios da nova colección Biblioteca de los Cuentos Populares (La canción de la vida y otros cuentos, Cuentos populares gitanos, 25 cuentos populares de Europa) de Siruela, para lectores de todas as idades, a partir de 10-12 años, e tres libros documentais, que empregan a fotografía como ilustración. Dirixidos os máis pequenos: De camino a la escuela (SM) e Yo vivo aquí e Niños del mundo, da nova colección de libros El Mundo en Fotos, de La Galera. Para os lectores adolescentes Emigrantes, novela gráfica de Shaun Tan (Barbara Fiore). Un libro sin texto e con imáxenes, que ofrece unha mirada crítica cara a emigración.

(El País, 02/06/2007)

 

Política educativa e inmigración en Galicia

“Política educativa y gestión de la inmigración en Galicia” (Santos Rego e outros autores. ICE, Universidade de Santiago de Compostela)

Os autores deste traballo afirman que a evolución do alumnado inmigrante en Galicia e a influenza do mesmo no sistema educativo, responde ós mesmos patróns de identificación e caracterización que noutros lugares de España; aínda que destaca a inmigración de retorno. A procedencia é fundamentalmente de América Latina (Colombia, Arxentina, Uruguai e Venezuela), seguida de Portugal e Marrocos.