Blogia

Ensino de segundas linguas

“Ensino de segundas linguas a inmigrantes” (Santiago de Compostela, 16-19 de Xullo)

 

CONFERENCIAS

María Sol López. María Sol López Martínez, Secretaria Xeral de Política Lingüística e profesora titular do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Asesora da publicación en galego do Marco europeo común de referencia para as linguas. Aprendizaxe, ensino, avaliación

Ignacio Palacios. Profesor titular do Departamento de Filoloxía Inglesa. Coordenador do proxecto Comunicación en contextos multilingües (CMC) e do proxecto Santiago University Learner of English Corpus (SULEC). Director do Centro de Linguas Modernas da USC. Destacamos as publicacións: “La enseñanza de lenguas extranjeras en el marco de la reforma” e “Aprendiendo a aprender en el aula de lenguas extranjeras: las estrategias de aprendizaje y su tratamiento en el aula”.

Miguel Santos Rego. Catedrático de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Coordenador do grupo de investigación Escola Cultura. Conta con numerosas publicacións, que poden ser consultadas nas bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela. Destacamos: Inmigración e acción educativa en Galicia e Estudios migratorios en perspectiva educativa y cultural.

Fernando Trujillo. Doutor en Filoloxía Inglesa e profesor titular da Facultad de Educación y Humanidades de Ceuta (Universidad de Granada), no departamento de Didáctica de la Lengua y la Literatura. Na súa páxina web podemos ter acceso as súas publicacións, entre as que destacamos: Experiencias educativas en Aprendizaje Cooperativo e Cultura, comunicación y lenguaje. Reflexiones para la enseñanza de la lengua en contextos multiculturales.

Virginia Unamuno. Licenciada en Letras pola Universidade de Bos Aires e Doutora en Lingüística pola UAB. Profesora no Departamento de Didáctica de la Lengua, de la Literatura y de las Ciencias Sociales da Facultade de Ciencias da Educación. Integrante do grupo de Estudios de Linguas Ameazadas (GELA). Destacan os traballos: Lengua, escuela y diversidad sociocultural. Hacia una educación lingüística crítica e Categorizar a través del habla. La construcción interactiva de la extranjeridad”.

Félix Villalba. Profesor de español como lingua estranxeira. Moderador do Debate sobre Inmigración e Interculturalidade do Instituto Cervantes e autor de numerosos textos sobre ensino do español. Entre as súas publicacións poden citarse: Orientaciones para la enseñanza del español a inmigrantes y refugiados, MEC, 1999; Recursos para la enseñanza oral del español a inmigrantes no alfabetizados. E. Secundaria. Consejería de Educación de Madrid, 2003.

OBRADOIROS

Nuria Galán Suárez. Profesora da Sección de Español do Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela.

Luisa González Vázquez. Profesora e Secretaria da Sección de Español do Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela.

Carolina Ramos. Licenciada en Arte Dramático pola Universidade de Saint Mary en Estados Unidos e doctoranda de pedagoxía teatral na Universidade da Coruña. Directora do grupo Katarsis: Educación y Teatro.

Carme Silva Domínguez. Profesora titular do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela no Campus de Lugo). A súa investigación xira en torno a cuestións de fonética e morfosintaxe do galego. Imparte docencia no módulo de Servizos lingüísticos dentro do Curso de Posgrao “Servizos culturais” da USC, na materia “Técnicas específicas de ensino de galego para inmigrantes”.

Andrés Suárez Yáñez. Doutor en Filosofía e Letras, Pedagoxía. Master en “Arts in Second languages Learning and Teaching” (Universidade de Londres). Mestre de Educación Primaria, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en dificultades da aprendizaxe en contextos multilingües. Conta con numerosas publicacións neste ámbito e ampla experiencia docente.


EXPERIENCIAS EDUCATIVAS

Emilio Álvarez Huete. Profesor do CPI do Toural (Vilaboa)

Carmen Montero. Orientadora do IES García Barros (A Estrada, Pontevedra)

Xosé Seoane. Asesor do Consello Escolar de Galicia e profesor do IES R. Otero Pedrayo (A Coruña)

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

O estudo “A inmigración na prensa galega” de Cruz Vermella e a Universidade de Vigo detecta a falta de voz das persoas inmigrantes nas noticias

O estudo A inmigración na prensa galega . O reflexo da diversidade sinala a escasa presenza das persoas inmigrantes como fonte consultada nas noticias sobre inmigración e diversidade. Así as institucións (tanto gobernamentais como forzas de seguridade) son a principal fonte da que se nutren os xornalistas nas 417 noticias analizadas, mentres que tan só nun 4,4% delas son os propios inmigrantes os que falan ou opinan acerca dos temas que os afectan. O libro foi presentado en Santiago pola presidenta autonómica de Cruz Vermella, Carmen Colmeiro, o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, e o secretario xeral de Emigración, Manuel Lois Rodríguez. A análise realizado por investigadores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo e o Plan de Emprego de Cruz Vermella en Galicia tomou como mostra 417 noticias sobre inmigración publicadas en doce diarios galegos durante catro semanas de 2006. Cada noticia foi analizada pola súa temática, enfoque, sección, espazo en páxina, fonte informativa, presenza de fotografía ou procedencia, entre outras variables.

Monográfico da Revista de Educación do MEC

Sae unha nova publicación, un Monográfico da Revista de Educación do MEC co título: La enseñanza-aprendizaje del español como segunda lengua (L2) en contextos educativos multilingües, Número 343, mayo-agosto, 2007.

Inclúense diversos artigos que poden descargarse en formato PDF. Podemos ler o artigo do profesor Fernando Trujillo, que estará no curso de verán da USC, “Enseñar nuevas lenguas en la escuela: L1, L2, LE…, NL”.

Linred, V. Monográfico

La Enseñanza de Segundas Lenguas a Inmigrantes
15/06/2007

Neste Monográfico recóllense os documentos que se redactaron para o II Encontro de Especialistas no Ensino de Segundas linguas a Inmigrantes, celebrado no mes de Outubro de 2006 na Universidade de Alicante.

Agromar. Os nenos da inmigración arteixán

Agromar. Os nenos da inmigración arteixán

O IES Manuel Murguía de Arteixo publica o número 6 da revista Agromar (Maio, 2007), dedicado a expoñer as vivencias de diferentes nenos e nenas que teñen chegado a Arteixo dende países moi diferentes, tamén recóllense relatos de rapaces que na casa escoitaron relatos da emigración galega e arteixán.

Como exemplo o relato de Ramiro Damián Macaro (2º ESO) no que di:

“Pouco antes de nos vir (de Burzaco, en Bos Aires, Arxentina) fomos a despedirnos de toda a familia, casa por casa, a última a dos meus avós. Estaban moi tristes pensando que non nos ían volver nunca máis. Lembro que, cando subimos ó taxi, o meu avó saiu á porta e mirándome díxome chorando: Ramiro, sabes que sempre te vou querer.

Esas palabras aínda hoxe as recordó e a súa cara está sempre gardada no meu corazón” (p.p. 32-33)”

A poboación inmigrante en Galicia amortigua a crisis demográfica

(La Voz de Galicia, 12 de Xuño de 2007)

La llegada de 7.267 inmigrantes a Galicia durante el año pasado frena el declive demográfico

El censo de extranjeros creció en 7.267 personas en el 2006, pero el general sólo subió 3.817

La comunidad gallega es la tercera con menor crecimiento de población en España

A identidade...

A identidade...

Ven de publicarse en traducción española (Xuño, 2007) o libro do premio nobel de economía Amartya Sen, Identidad y violencia, Katz Editores.

Para reflexionar sobre a identidade de cada un de nós e de todos os que nos rodean:

“En nuestra vida cotidiana, nos vemos como miembros de una variedad de grupos y pertenecemos a todos ellos. La misma persona puede ser, sin ninguna contradicción, ciudadano estadounidense de origen caribeño con antepasados africanos, cristiano, liberal, mujer, vegetariano, corredor de fondo, historiador, maestro novelista, feminista, heterosexual, creyente en los derechos de los gays y las lesbianas, amante del teatro, activo ambientalista, fanático del tenis, músico de jazz y alguien que está totalmente comprometido con la opinión de que hay seres inteligentes en el espacio exterior con los que es imperioso comunicarse. Cada una de estas colectividades, a las que cada persona pertenece de forma simultánea, le da una identidad particular”

A importancia da educación intercultural. Materiais publicados

A importancia da educación intercultural. Materiais publicados

Materials per a una acció educativa intercultural

Cuadernos do estudante:

1. Magrib. Visquem la diversitat. Català, algúns textos en español, PDF

    1. Àfrica negra Visquem la diversitat. Català, algúns textos en español, PDF
    2. Centre i Sud-amèrica Visquem la diversitat. Català, textos en español, PDF
    3. Poble Gitano Visquem la diversitat. Català, algúns textos en español, PDF

Cuadernos do profesorado:

    1. El Magreb. Eduard Navarro. Español, PDF
    2. África Negra. laia Carreras. Español, PDF
    3. Centre i Sud-Amèrica. Laura Cardús i Mireia Zabala. Català, Páxiina web

Linguas minorizadas de Chile e Arxentina

Linguas minorizadas de Chile e Arxentina

La Voz de Galicia (Domingo, 3 de Xuño de 2007)

“Celestina Carilao, representante do partido Wallmapuwen (Compatriotas do País Mapuche) coñece experiencias realizadas para a recuperación do galego, coa intención de poder aproveitalas para traballar en prol do mapuzugun, o idioma autóctono do seu pobo, que conserva uns cen mil falantes repartidos entre Chile e Arxentina”

Para informarnos sobre a cultura do pobo mapuche: Portal do pobo Mapuche

Sobre a lingua mapudungun podemos consultar o Ethnologue.

Amigos do mundo

Amigos do mundo

 

No suplemento Babelia do xornal El País (02/o6/2007) publícase unha reseña sobre novidades aparecidas na Feira do libro de Madrid. Trátase dun repertorio de contos de diversas culturas. Destacan contos de ambientación árabe: os álbumes ilustrados Nasrudin e El color de la arena (Edelvives) e La caravana, volumen ilustrado con contos de Wilhelm Hauff reescritos por Gianni Rodari, en Everest, para nenos de 10 años en diante; os repertorios da nova colección Biblioteca de los Cuentos Populares (La canción de la vida y otros cuentos, Cuentos populares gitanos, 25 cuentos populares de Europa) de Siruela, para lectores de todas as idades, a partir de 10-12 años, e tres libros documentais, que empregan a fotografía como ilustración. Dirixidos os máis pequenos: De camino a la escuela (SM) e Yo vivo aquí e Niños del mundo, da nova colección de libros El Mundo en Fotos, de La Galera. Para os lectores adolescentes Emigrantes, novela gráfica de Shaun Tan (Barbara Fiore). Un libro sin texto e con imáxenes, que ofrece unha mirada crítica cara a emigración.

(El País, 02/06/2007)

 

Datos aparecidos no xornal

Datos aparecidos no xornal

EL NÚMERO DE EXTRANJEROS MATRICULADOS EN GALICIA SE HA TRIPLICADO EN LOS ÚLTIMOS CINCO AÑOS

Los colegios gallegos escolarizan ya a alumnos de más de cien países En las aulas de A Coruña hay 3.978 estudiantes originarios de otros países y en esta provincia está el colectivo más numeroso de colombianos con 660 escolares.

 
 
 
 
 

En las aulas gallegas se pueden encontrar ya a niños de procedencias tan diversas como Acerbayán, Kuwait, Nepal o Mali. El alumnado inmigrante en la comunidad casi se ha triplicado en sólo cinco años. Este curso estudian en Galicia 10.502 estudiantes extranjeros originarios de más de cien países distintos. Los colombianos y los argentinos son los grupos con mayor presencia en los centros escolares gallegos. De Colombia llegaron un total de 1.646 estudiantes y de Argentina, 1.189.

La mayoría de los alumnos extranjeros proceden de países latinoamericanos, lo que elimina la barrera del idioma a la hora de adaptarse a las clases. Después de Colombia y Argentina es numeroso el colectivo de brasileiros (870) y uruguayos (842). La presencia de marroquíes es también importante, ya que su número se acerca a los 800 en los colegios gallegos. Por otro lado, la proximidad con Portugal se ve reflejada en las aulas gallegas, ya que un total de 761 estudiantes de origen luso están escolarizados en Galicia.

Pero la diversidad de procedencias es mayor. Los niños gallegos comparten clases con alumnos de hasta 102 países distintos. Entre el alumnado de los centros escolares gallegos se puede encontrar a nueve estudiantes de Acerbayán, a seis de la India o a cuatro de Tailandia, por ejemplo. También hay estudiantes que provienen de estados más ricos como Estados Unidos -de donde son un total de 91 escolares-, además de Japón, Reino Unido o Georgia.

Según la provincia se aprecian diferencias en cuanto a los orígenes. Así, por ejemplo, los 40 únicos alumnos caboverdianos de Galicia están en Lugo, ya que la colonia más importante de este país reside en el municipio lucense de Burela.

El colectivo más numeroso de colombianos está en A Coruña (660) y el mayor grupo de marroquíes estudia en Pontevedra (390). Mientras, en Ourense están escolarizados tres de los cuatro niños jordanos que hay en Galicia y también acapara a los únicos alumnos de origen egipcio matriculados en los centros escolares gallegos. Pontevedra es la provincia que concentra más alumnado extranjero. En sus escuelas estudian 4.116 alumnos. En A Coruña la cifra se sitúa en 3.978 escolares de otros países. Muy por debajo están las provincias de Lugo y Ourense, con 1.280 niños inmigrantes y 1.128 respectivamente.

(La Opinión, 2 de Junio de 2007)

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

Manual para o ensino de español como nova lingua

Manual para o ensino de español como nova lingua

Español como segunda lengua (E/L2) para alumnos inmigrantes.

Autor(es): Mª Victoria García Armendariz; Ana Mª Martínez Mongay; Carolina Matellanes Marcos, 2003.

(Podemos descargalo en PDF)

Ofrece unha proposta curricular para o ensino e aprendizaxe do español como segunda lingua no marco do ensino obrigatorio. Inclúe obxectivos xerais e específicos, e os contidos para o Ensino Primario e Secundario organizados por bloques temáticos e criterios de avaliación con exemplos concretos. Podemos atopar una fundamentación didáctica e metodolóxica e unha proposta de tarefas de EL/2 para traballar as diversas destrezas: comprensión oral, comprensión lectora, expresión oral e expresión escrita.

Portfolio europeo das linguas

Portfolio europeo das linguas

Portfolio europeo das linguas. O “dossier” galego

O Portfolio europeo das linguas ten como obxectivo comprender e valorar a diversidade lingüística e cultural que temos en Europa.

É un proxecto do Consello de Europa para todos os estados membros. Consta de tres sección:

--· - 1. O pasaporte das linguas, cun formato e escalas homologadas internacionalmente. Trátase de mostrar as linguas que falas, o nivel que tes con cada una, os certificados e títulos obtidos e as experiencias interculturais vividas.


2.
A biografía lingüística, onde anotaremos as experiencias de aprendizaxe intercultural obtidas ó longo da vida.


3. O Dossier, no que poderemos gardar exemplos dos nosos traballos escritos e tamén gravacións orais.

O Portfolio das linguas abrangue todas as linguas que coñecemos e aprendemos en diversos contextos, non só no ensino formal.

Política educativa e inmigración en Galicia

“Política educativa y gestión de la inmigración en Galicia” (Santos Rego e outros autores. ICE, Universidade de Santiago de Compostela)

Os autores deste traballo afirman que a evolución do alumnado inmigrante en Galicia e a influenza do mesmo no sistema educativo, responde ós mesmos patróns de identificación e caracterización que noutros lugares de España; aínda que destaca a inmigración de retorno. A procedencia é fundamentalmente de América Latina (Colombia, Arxentina, Uruguai e Venezuela), seguida de Portugal e Marrocos.

Datos. Inmigración e escola

Galiza sitúase como a segunda comunidade con menor número de inmigrantes nos colexios, só por diante de Extremadura. Isto significa un ratio do 2,4 por cento do total de alumnado escolarizado no conxunto do Estado.
Nun só curso, o número de escolares estranxeiros na comunidade galega aumentou en torno ao 12,72 por cento -1.336 persoas-, e en función dos datos provisionais da Consellería de Educación, que cifran nuns 10.500 escolares o número de inmigrantes alumnos para o curso 2006-2007.
De feito, en dous anos a cifra de alumnos sen nacionalidade española subiu nuns 3.000, e xa supón o 2,8 por cento do alumnado en xeral, segundo o Ministerio de Educación e Ciencia (MEC).
Ademais, a última estatística elaborada polo MEC, reflicte que Galiza conta cun ratio de 37,1 alumnos inmigrantes por cada mil habitantes que estudan Educación Primaria nunha escola pública, fronte os 114 escolares de media española.
Os últimos datos por provincias indican que a de Lugo conta co menor número de estranxeiros matriculados -desde Infantil a Formación Profesional- cun total de 1.022.
No lado oposto, atópase a provincia de Pontevedra, cunha suma de 3.878 persoas sen nacionalidade española. Pola súa banda, A Coruña contou 3.219 alumnos neste mesmo estudo, e Ourense sumou un total de 1.045 no curso 2005-2006.
Desta estatística tamén dedúcese que Vigo é o concello co número máis alto de inmigrantes escolarizados no ensino pública, cun total de 1.630, máis dun tercio de toda a provincia pontevedresa.
No que fai á nacionalidade, os países sudamericanos están ao corpo do alumnado estranxeiro en Galicia, o cal coincide coa procedencia dos estudantes do resto do Estado.
Concretamente, trátase de Colombia --con 1.507--, a Arxentina --con 1.148--, e Venezuela --con 795--, colócanse á cabeza. Marrocos, que suman uns 709 alumnos; e Portugal, con 618, tamén aportan ao alumnado galego un número elevado de escolarizados.

Orientacións para o ensino de español como L2 en contextos escolares

REGIÓN DE MURCIA (2006)

Orientaciones para la organización de los procesos de enseñanza y aprendizaje del español para extranjeros. Murcia, Consejería de Educación y Cultura. Dirección Gral. De Enseñanzas Escolares. Servicio de Atención a la Diversidad.

Programación de español como L2 a adultos inmigrantes

VILLALBA MARTÍNEZ, F. HERNÁNDEZ GARCIA, Mª T (2001) Programación de español como L2 para inmigrantes no analfabetos. Nivel 1.Murcia, Consejería de Educación y Universidades.

Programación de catalán como segunda lingua na escola

GENERALITAT DE CATALUNYA : Nivell Inicial de Català. A1

Usuari Basic. Per a escolars de 8 a 16 anys.


GENERALITA DE CATALUNYA : Programaciò de Llengua Catalana per l´alumnat nouvingut.

Aulablog

Aulablog

Proxecto colaborativo sobre o uso das TIC na aula.

 

É un proxecto impulsado por un grupo de docentes de diferentes lugares de España interesados en empregar os weblogs no ámbito da educación. Comenza no Foro de aulablog21 en xaneiro de 2005 e segue a traballar no uso da Tecnoloxía Dixital na aula.

Neste espazo podemos atopar ideas e recursos para iniciarnos no mundo dos Blogs co fin de empregralos como ferramenta educativa: experiencias cos blogs na aula, enlaces a servizos de blogs, complementos, etc.

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Meteco

Meteco

El portal del español como nueva lengua

Portal dedicado ós estudantes para os que a lingua da escola non é a súa lingua inicial, tal como está a suceder a fillos e fillas de orixe estranxeiro. Podemos atopar información que nos oriente cara a mellorar os contidos que como docentes estamos a ensinar e tamén a convivir xuntos e entendernos.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres